segunda-feira, 22 de dezembro de 2014

Álvaro Cunqueiro 2

Acolá están as illas...

Acolá están as illas. Paso a man polo lombo do vento
que mas deu coma un can no monte dá perdiz
agardo que se ergan e voen sobre o mar.

A alma anda nestes inventos porque non lle abonda
o que é como é do mundo
quixer facer pombas con auga e amieiros de pruma
e en vez de carro que polos camiños do monte
baixase cantando a lúa arrastrada
por un tiro de peixes prateados.

- Pro estes inventos soio sirven
pra distraer a alma das suas contas,
tanto de amor e bágoas, dez por cento
de perdidos amores, e oitenta de soedade
que a vistes áspera como unha camisa de estopa
e queres pór unha ollada de seda no mencer
e nóna tés, veciño da tristura e do medo
a metade de ti morto sin enterrar
pra que a outra metade se decate.
Entón disimulando canto, e coas mentiras
fágome unha sorrisa de xardín en festas.

"Herba Aquí ou Acolá", Álvaro Cunqueiro

(Álvaro Cunqueiro nasceu no dia 22 de Dezembro de 1911. Morreu em 1981.)

Sem comentários:

Enviar um comentário