sexta-feira, 14 de outubro de 2016

Begoña Caamaño

O meu nome é Morgana.
Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot.
Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta.
Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, e de tantas outras como poidades imaxinar, hai parte da miña esencia, pero eu son máis, moito máis do que a suma ou o seu conxunto.
Eu son Morgana e esta é a miña historia. Contada por min mesma, coa miña voz. A única historia en que me vexo e en que me recoñezo. Por máis que haxa quen lembre doutro modo os feitos.

"Morgana en Esmelle", Begoña Caamaño

(Begoña Caamaño nasceu no dia 14 de Outubro de 1964. Morreu em 2014.)

Sem comentários:

Enviar um comentário