segunda-feira, 10 de outubro de 2016

Francisco Tettamancy 2

A Muros 

Soberbia vila que vestixos gardas
D’un pasado feliz que non se atoupa
N’os ciclos que hoxe fuxen camiñando
Sin rumbo certo,
Deixa que a miña lira presto sone
Y en acordes de ledas armonías
Gabarte poida cal ti así o mereces,
Meigo curruncho,
D’esta patria adourada, que esquencida
De cote pol-os seus, en pranto horrendo
Fendéndoa van, sin que o sosego veña
A calmal o seu dor…
A o celta valeroso ti recordas
A o grego e a o fenicio agarimaches,
e d´o roman presentas n´o teu seo,
Mostras d’abondo.
A maxestá d’o dolmen e o menhire,
O altivo Castro o vale domeñando
Dendes d’a Serra, Louro e Miraflores,
Marcados signos
D´o podentío son d’aquelas razas
Que ti palpaches e desapareceron
E d’as que agora o espiritu apenado
En van relembra…
Ti fuches berce de varós ilustres,
Ti, d’a naval industria fuche emporio;
D´os astilleiros teus, a sona conta
Que mar sulcaron
Naves xentiles qu´en sangrentas loitas
Cal a d’as Dumas, groria conquistaran
A o mando de Feijóo, aquel galego
Patricio insine.
Por mor d´as tuas virtudes, n´outros tempos
Siñaladas mercedes otorgáronche
Os relses castelás e ricos homes
que agora négate
O cacique felón que t’esnaquiza
Como esnaquiza o chan galaico
Tramandolle as arterias d’o Progreso
Para él medrare…
Os tesouros que o mar a o home regala
E en estractiva industria se converten,
Elementos en non remotas fechas
De vida foran
Pra ti; mais hoxe, centralismo fatal
Que a España rila, matou teu benestar…
E vas xomendo… e a eito ti esmoreces,
Muros amado!…
Fermosa vila que d’encantos chea
E que o mar vai rolarte pol-o ondeaxe
Que a cotio de yodo te perfuma,
Que te saüdo!…
E a o saudarte, cal a gaviota
que axiña cruza tu alongada ría,
Donde a vella Brigancia, os aires levante
Os meus suspiros.

Francisco Tettamancy

(Francisco Tettamancy nasceu no dia 10 de Outubro de 1854. Morreu em 1921.)

Sem comentários:

Enviar um comentário