quinta-feira, 22 de dezembro de 2016

Fernando Pérez Barreiro

O morcego 

O morcego tén as as,
e o morcego non é páxaro;
d’o rato tén o carís,
e o morcego non é rato.
¡Abofellas que o mourán
é semellante a un demacho,
esbatuxando nas as
n’as noites limpas d’orballo
tras das bruxas de San Xohán
que andan soltas o meigallo!
Abre un ollo o paxariño
que, xa no niño deitado,
sinte pasar o morcego
que a trasmán anda voando,
e escondendo a chola, di:
"¡Xus, que isto non é páxaro!"
Y-o rato asoma o fuciño
e mira po-lo burato,
e cheo de medo di:
"¡Xus, que isto non é rato!"
E así tamén d’algúns homes
fuxen os que son honrados.
"¡Xus, que isto non é carne!
¡Xus, que tampouco é pescado!
¡Xus, que se vai cos da feira,
e volve cos do mercado!"

"Ducia e Pique de Fábulas (Atiriño pra Un Fabulario Gallego)", Fernando Pérez Barreiro

(Fernando Pérez Barreiro nasceu no dia 22 de Dezembro de 1896. Morreu em 1968.)

Sem comentários:

Enviar um comentário