sexta-feira, 11 de agosto de 2017

Ánxel Fole 3

O corpo do delito

Unha tarde de moita fogax, aló polo San Xoán, estaba eu repanchigado nunha mecedora de "rejilla", no xardín da miña casa de Godral, fumando un dises charutos ou xarutos que os brasileiros chaman "cigarrilhas".
Cun ramallo de castiñeiro tornaba as moscas. O meu can, o Gatuxo, tamén tumbado, acarón de min, ladráballes ás avespas e de vez en vez abocaba a unha e despóis cuspíaa con moito noxo. Non sei cántas castes de inseutos rombaban. Os dous estabamos pasmados pola calor.
[...]

"Terra Brava", Ánxel Fole

(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)

Sem comentários:

Enviar um comentário