domingo, 27 de agosto de 2017

Florencio Delgado Gurriarán 3

Hino ao viño 

¡Groria a Deus!
Louvanzas a El-Señor,
que, encol da probe terra,
esta benzón botóu
do viño das cepeiras!
¡Groria a Deus!
¡Louvanzas a El-Señor!
 


Por nos redimir
Cristo o sangue deitóu;
aquel sangue
mouro acio o aparellóu;
na vindima
(nova e leda paixón)
o acio mouro fará de redentor
pra as penas desbotar
pra nos redimir da dor.
 


A navalla, cal Xuncras,
bico frío lle dará,
xudeus vindimaregos
terano de apreixar;
baixo os pes dun saión
o sangue deitará;
na campa dunha adega
terano de enterrar;
e ledo resurrexit
na mostada terá.
 


Na cunca, probe cálix
hase de comungar
pra limparnos de xenreiras,
pra de dôres nos ceibar,
pra esquecer falcatruadas,
pra o corazón aledar.
 


O acio mouro
sofriu fera paixón
¡Groria a Deus!
¡Louvanzas a El-Señor!
 


Nemigo das tristuras
e pai das risas,
amolece os traballos
da nosa vida;
fai falar aos calados,
nobre ao cativo;
se hai medo, da carraxe,
fogo, si hai frío.
El escorrenta os demos;
el quita o mal de ollo;
e faille a figa as meigas;
el resucita os mortos;
el da forzas
pra camiñar polo mundo;
onde el rixa
non hai choros nin luitos.
 


¡Groria a Deus!
¡Louvanzas a El-Señor!


"Cantarenas", Florencio Delgado Gurriarán

(Florencio Delgado Gurriarán nasceu no dia  27 de Agosto de 1903. Morreu em 1987.)

Sem comentários:

Enviar um comentário