sábado, 5 de agosto de 2017

Manuel Núñez González

O muíño dos tíos mariquiñas

Era unha noite escura como a conciencia dun ladrón. A pequena chuvisqueira, que dempois de anoitecido humedecera as follas dos álbores e as herbas das pradeiras, deixou estendido no hourizonte un lenzo inmenso de sombras tenebrosas formadas polos esqueletos daquelas néboas que, pouco antes, arrotando ca fartura, esbaleiraran a auga riba dos pacíficos habitantes do pobo de Villardevós; de cando en vez deixábanse ver os debres refrexos da amortecida lúa, que ó volverse a tapar aumentaba nun cen por cen - como os rédetos dos nosos usureiros - a negrura daquela medoñenta escuridá; os paxariños, ateridos co frío, estaban agarouchadiños nas pólas dos chopos e dos ameneiros sin estreverse a dar unha piadela; e as xuguetonas e embalsamadas brisas da noite deixaban por vez primeira de ter un movemento constante as follas dos olmos.
Tal era pois a negrura espantosa e o silencio daquela noite malfadada.

[...]

Manuel Núñez González

(Manuel Núñez González nasceu no dia 5 de Agosto de 1865. Morreu em 1917.)

Sem comentários:

Enviar um comentário