quinta-feira, 14 de setembro de 2017

Ramón Armada Teixeiro

Collendo alcacér pr'o gado,
Cantabas un a-lá-lá;
y-os paxariños decían:
¡qu'hermosura de cantar!

Non busques, qu'eiquí n'alcontras,
pr'os meus delores menciña;
fan falta os áires d'a patrea
y-está muy lonxe Galicia.

Si son reises os caciques
y-o vicio ô mundo goberna,
¡qué vida a vida d'os probes!
¡Xusticia! quén en ti pensa!

N'a cancela d'o pinar,
chorando, díxenlle ¡adiós!
e desde entonces, ferido
levo sempre o curazón.

Vír ô mundo n'unha inclusa,
sin nome y-orfo ¡qué triste!
nái qu'esquence ôs seus ¡qué noxo!
e pr'a concencia ¡qué crime!

[...]

"Aturuxos", Ramón Armada Teixeiro

(Ramón Armada Teixeiro nasceu no dia 14 de Setembro de 1858. Morreu em 1920.)

Sem comentários:

Enviar um comentário