quinta-feira, 9 de novembro de 2017

Antonio López Ferreiro 2

A eso das duas da tarde de un bretemoso dia de Decembre do ano 1543, baixaba pol-o Picho da Cerca, en Santiago, unha vella como de unhos 60 anos, ben limpa e arrombadiña para artesana, segun paricia poI-o seu porte. O seu andar era pausado ainda mais do que pedian os anos, e revelaba unha persona fraca e achacosa. E ainda non era esto soilo para a probe vella, sinon que paricia que iba moy moito preocupada por algunha triste ideya. Asi foy camiñando hastra a Porta da Mámoa, entrou na cidá, tomou pol-o canton da Rua Nova e parouse diante de unha casa do Outeiral, frente aa grande dos Ulloas. Sentouse nun poyal que habia a porta, como para tomar folgo e recollerse en si cos seus pensamentos, e logo preguntou a un dos mozos que entraban e saian si estaba o siñor Rodrigo de Bendaña, e pideulle que lle dixese que estaba ali Catalina, a teceláa de Bonaval, que lle queria unha palabriña. De ahí a un bóo pouco saeu o mozo correndo, e sin querer mirar para ela, díxolle: - Que subades.

"A Tecedeira de Bonaval", Antonio López Ferreiro

(Antonio López Ferreiro nasceu no dia 9 de Novembro de 1837. Morreu em 1910.)

Sem comentários:

Enviar um comentário